lunes, 29 de enero de 2018

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA




I CONCURSO DE  FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

"FotoMAT CANGAS"

OBXECTIVO
Día  -  POSTA EN VALOR DA MATEMÁTICA -2018
O obxectivo deste concurso é descubrir na vida real e no noso entorno calquera aspecto matemático, sexa xeométrico, gráfico, numérico..
Pódese reflexar polígonos, cónicas, curvas, rectas paralelas, secantes ángulos, transformacións xeométricas, perspectivas, proxeccións ,a proporcións, áurea simetrías, mosaicos, frisos  gráficos estatísticos, expresións numéricas, etc.
Nas fotografías poderán aparecer persoas ou obxectos persoais, sempre que non poidan ser identificados.

PARTICIPACIÓN
Pode presentarse todo o alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato matriculado nos centros de ensino do Concello.
Establécense 3 categorías:
     .  Alumnado de Primaria.
     .  Alumnado de ESO.
     .  Alumnado de Bacharelato.

BASES
1. Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías que deberán ser orixinais.
Non serán admitidas fotografías descargadas de Internet, nin escanadas de ningún tipo de medio gráfico.
 Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a cor, niveis, axustes e correccións. Non está permitido manipular a fotografía de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.
2. As fotografías poden facer referencia a calquera contexto real ou simulado e sempre deben mostra un aspecto relacionado coas Matemáticas-
3. Valorarase fundamentalmente, os catro indicadores seguintes:
      A creatividade do autor/a para observar e captar nunha fotografía o aspecto matemático que quede sinalado por medio do título elixido.
     .  A orixinalidade do título elixido proposto para a fotografía.
     .  O grado de relación entre o aspecto matemático recollido na fotografía e o título.
     .  A calidade plástica e técnica da imaxe.
4. A participación neste concurso neste concurso implica a aceptación das súas bases e os fallos dos xurados.

CESIÓN DE DEREITOS
Os Departamentos de Matemáticas de cada centro e o Concello resérvanse o dereito de expoñer e/ou publicar os traballos presentados en exposicións, guías e nas súas páxinas web.

NORMAS DE PRESENTACIÓN
. As fotografías deben enviarse en formato .jpg a la dirección de correo electrónico do teu profesor.
. En “Asunto” debe poñer :  FotoMAT-Cangas 2018
. No contido do correo, ademais de axuntar a fotografía, debe aparecer:
     - Título da fotografía.
    - Descrición e comentario da fotografía.
    - Nome e apelidos do autor/a.
    - Curso

PRAZOS
O prazo de presentación das fotografías ao correo electrónico do profesor será do 1 ao 23 de febreiro de 2018.

FASES DO CONCURSO
. 1ª Fase: Cada centro constituirá un xurado que fará unha selección en cada caso, realizando unha exposición das mellores fotografías presentadas ao concurso e seleccionando 5 fotografías por categoría e Centro. As mesmas serán entregadas no Concello antes do 2 de marzo de 2018.
. 2ª Fase: As cinco fotografías seleccionadas por cada categoría e  centro expoñeranse na planta Baixa do Auditorio Municipal de Cangas durante o mes de Marzo 2018.

PREMIOS

. Sortearase entre todas/os as/os participantes no concurso, e por cada categoría, bonos de entrada para a Piscina Municipal A Balea de Cangas